fbpx

AVISO LEGAL

Información legal de Pagavalentina.com

  • Denominación comercial: Pagavalentina.com
  • Domicilio: Poeta Aurora de Albornoz, 29010 Málaga
  • Correo Electrónico: info@alquilovers.com
  • Datos rexistrais: Inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona, ao tomo 44396, folio 168, folla B-454894.
  • NIF: B86963303

Información comercial contida na páxina web

Pagavalentina.com obtivo a información publicada nesta páxina web de fontes consideradas como fiables; non obstante, non garante que sexa exacta, completa, ou actualizada. Para confirmar a información e ampliar detalles sobre a mesma e en particular, a vencellada no Real Decreto 515/1989, do 21 de abril e a normativa autonómica que o completa ou desenvolve, os interesados deberán solicitalo mediante o correo electrónico a info@alquilovers.com ou persoalmente nas oficinas de Alquilovers.com sitas na dirección antes indicada.

Propiedade e uso da páxina web

Esta web www.pagavalentina.com e o dominio a través do cal se accede á mesma, www.alquilovers.com/pagavalentina , é propiedade de Anticipa Real Estate, SLU e todos os elementos que a compoñen, como textos, imáxenes, arquivos, estrutura e deseño, están protexidos pola normativa de Propiedade Intelectual e Industrial, e está prohibida a súa distribución, modificación, transmisión, copia ou calquer uso dos contidos do mesmo con finalidades públicas ou comerciais, sen a autorización de Anticipa.

Queda igualmente prohibido establecer enlaces, hipervínculos ou links, dende portais ou sitios web de terceiros a páxinas web de Pagavalentina.com distintas da páxina principal, www.pagavalentina.com  ou da que lle substitúa no futuro, así como presentar as páxinas web de Pagavalentina.com ou a información contida nela baixo signos distintivos, marcas ou denominacións sociais comerciais doutra persoa, empresa ou entidade.

Pagavalentina.com:

  • Non garante a licitude e legalidade da información ou elementos que poidan conterse en páxinas distintas da páxina web de Pagavalentina.com cando a titularidade dos mesmos non corresponda a Pagavalentina.com, Alquilovers, nin as empresas do seu Grupo, se ben comprométese a facer todo o posible para evitar a existencia na súa web de contidos ilícitos e, no caso de que teña coñecemento efectivo de ditos contidos, eliminalos ou impedir o acceso aos mesmos.
  • Na medida na que a lexislación aplicable o permita, Pagavalentina.com non será en ningún caso responsable das pérdidas, danos ou perxuizos de calquer tipo que se poidan producir polo acceso e uso desta web incluíndose, pero non limitándose, os producidos nos sistemas informáticos, ou os provocados pola introducción de virus e/ou ataques informáticos ou calquera outra intromisión ilexítima, erros de seguridade ou de navegación, ou por caídas, interrucións, ausencia ou defecto nas telecomunicacións.
  • Resérvase o dereito a realizar sen necesidade de previo aviso modificacións no actual contido da súa páxina web cando o considere oportuno, así como poderá impedir ou limitar o acceso á mesma de forma temporal ou permanente.
  • Uso do contido do sitio

Todo o contido publicado na páxina web, incluíndo, a título exemplificativo pero non limitativo, dereitos de autor, dereitos similares ou conexos a dereitos de autor ou ao dereito sui géneris sobre bases de datos, patentes, modelos de utilidade, deseños industriais, gráficos, código fonte, textos, imáxenes, fotografías, marcas comerciais, nomes comerciais, logotipos, eslóganes, nomes de dominio, perfís sociais, interfaces, obras musicais e/ou audiovisuais, segredos comerciais e know-how, independentemente de se foron rexistrados, solicitouse o seu rexistro ou non están rexistrados (en adiante, o “Contido”) son propiedade de Anticipa Real Estate, SLU ou foille cedido a través dunha licenza para a súa explotación e están protexidos por todas as leis aplicables na materia de propiedade intelectual e industrial, incluidas as leis sobre defensa da competencia.

A páxina web pode incluir enlaces a sitios web de terceiros externos e independentes de Pagavalentina.com (en adiante, “Sitios Web de Terceiros”). Pagavalentina.com inclúe estos enlaces para ofrecer aos seus usuarios a posibilidade de acceder a outros sitios web que estima poidan ser do seu interese. Os Sitios Web de Terceiros son alleos ao noso control e declinamos calquer tipo de responsabilidade en canto a contido dos mesmos. Polo tanto, o feito de que a páxina web inclúa enlaces a Sitios Web de Terceiros non implica de ningún modo que Pagavalentina.com aprobara ou que conviñese, contido ou a información publicada nos mesmos. En consecuencia, non asumimos ningún tipo de obligación con respecto ao contido ou a información publicada por Sitios Web de Terceiros e polo tanto, o acceso a Sitios Web de Terceiros quedará baixo a exclusiva responsabilidade do usuario.

Publicación de contido na páxina web

A transmisión ou carga (uploading) de contido por calquer medio a Pagavalentina.com ou a páxina web www.pagavalentina.com , implica a concesión a Pagavalentina.com, pola banda do usuario, dunha licenza gratuíta a nivel mundial para reproducir, distribuir, modificar e facer público dito contido. Pagavalentina.com resérvase en todo caso o dereito de empregar ditos contidos.

Exclusións de responsabilidade

O Cont¡do da páxina web ten carácter informativo xeral e, polo tanto, podería resultar insuficiente para a adopción polo usuario dunha decisión persoal ou de negocio. Pagavalentina.com non está obrigada, en ningún caso, a amosar a veracidade, exactitude, idoneidade, integridade e vixencia do contido. O usuario acepta que o uso da páxina web e/ou do Contido será baixo a súa conta e risco, e que a páxina web ofrécese aos usuarios tal cal está disponible. Polo tanto, Pagavalentina.com non formula garantía algunha, expresa ou implícita, en canto ao sitio ou o contido, incluindo, a título meramente enunciativo, de comerciabilidade, infracción ou adecuación a un uso ou finalidade en particular. Na medida na que a lexislación aplicable o permita, Pagavalentina.com non asume ningún tipo de responsabilidade polas decisións adoptadas polo usuario baseándose na información facilitada na páxina web, nin polos danos directos ou indirectos que poida sufrir como resultado de actuacións baseadas no sitio ou nos contidos.

Pagavalentina.com non asumirá ningún tipo de responsabilidade por danos que poida sufrir o hardware, software e/ou datos do usuario por calquer virus ou contido ou software danado. O usuario será o único responsable de instalar no seu equipo as ferramentas necesarias para detectar e impedir que o seu equipo, hardware, software e/ou datos sufran calquer tipo de danos.

Lexislación aplicable e xurisdicción competente

Os presentes termos xerais de uso réxense pola lexislación española. Sen perxuizo dos dereitos que puideran asistirlle na súa condición de consumidor ou usuario, toda controversia derivada de cuestión referentes á páxina web será sometida á competencia e xurisdicción exclusiva dos Tribunais da cidade de Barcelona.